Cincuenta anos celebrando o doce típico da Pobra de Trives, a bica

A Panadería Terras de Trives recibiu o homenaxe no 50 aniversario da Festa da Bica de Trives. María Isabel García, responsable do negocio, foi a encargada do pregón

A Festa da Bica celebrou o seu quincuaxésimo aniversario cunha comida que reuniu a máis de 300 persoas no patio do colexio Manuel Bermúdez Couso de Trives.

Atrás quedan os tempos en que a «Cabeza Grande» enchíase de coches e familias, cada unha coas súa merenda. Os gaiteiros ían tocando as pezas entre manteis coloridos nos que se colocaban as tortillas, empanadas, filetes rebozados con pementos e logo claro está a bica que se compraba alí mesmo ou nas pastelerías como a do Caneda ou a do Luciano.

A bica tamén hoxe puxo o doce na comida popular na que se serviu empanada de cachena, becerro ao espeto —cociñado desde a madrugada por catro voluntarios— con guarnición, bica, café e licores.

Vixiando o asado durante a madrugada

María Isabel García, responsable de Panadería Terras de Trives —establecemento homenaxeado nesta edición— recordou a traxectoria do forno que abriron os seus tíos hai corenta  anos e que desde hai vinte entrou o seu irmán José e máis tarde ela.

Na imaxe María Isabel e Patricia Domínguez entre outros

Destacou no seu discurso a labor de facer chegar o doce trivés a toda Galicia e incluso fora dela. Rematou agradecendo aos presentes a participación na festa e un,  «viva a bica!».

Así se serviu o becerro ao espeto

Os festexos continúan ao longo do día e ás 22.30 na rúa San Martín o grupo Sondeseu «outro dos pratos fortes da programación da Festa da Bica»

A alcaldesa co grupo de voluntarios que participaron no asado