O campus de fútbol mixto de San Xoán de Río sobe ata Manzaneda na súa terceira edición

O campus de fútbol mixto de San Xoán de Río sobe ata Manzaneda na súa terceira edición
A terceira edición do Campus de Fútbol Mixto de San Xoán de Río chegará este verán con novidades importantes. Por primeira vez, a actividade trasládase á estación de montaña de Manzaneda, a 1.500 metros de altitude, convertendo o rural nun espazo privilexiado para a práctica deportiva, a convivencia e a igualdade

O campus, organizado polo Concello de San Xoán de Río, celebrarase en dúas quendas: do 7 ao 20 de xullo e do 21 de xullo ao 3 de agosto. Está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 16 anos e será totalmente gratuíto para todas as familias participantes.

As sesións estarán impartidas por xogadoras profesionais, que achegarán non só coñecementos técnicos, senón tamén referentes femininos que contribúen á promoción da igualdade real desde idades temperás. Ademais, para facilitar a participación das familias de toda a contorna, o Concello porá a disposición un servizo de autobús diario.

Según indica el alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua este campus non só promove o deporte e a convivencia, senón que transforma o rural en escenario de futuro. Manzaneda simboliza o alto onde queremos levar os soños da nosa mocidade.

A iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, o programa Corresponsables do Goberno de España, a Deputación de Ourense, a Estación de Montaña de Manzaneda e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

As inscricións poden formalizarse no propio Concello ou chamando ao número 988 34 60 02.