A Xunta investirá 1 millón de euros na base aéra contra incendios de San Xoán de Río
19 de octubre de 2023 (17:12 h.)
As actuacións permitirán, entre outras melloras, habilitar dous espazos diferenciados na base; un para brigadas de prevención e defensa contra incendios e outro específico para pilotos de helicópteros.
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, acompañado polo alcalde de San Xoán de Río, José Miguel Pérez, realizou hoxe unha visita á base de medios aéreos da Xunta situada nesta localidade ourensá e na que se vai investir 1 millón de euros, con cargo aos orzamentos de 2024, para a súa remodelación.
O director xeral puxo en valor o importante labor do persoal destas instalacións na loita contra o lume e lembrou que as actuacións, que está previsto iniciar xa este mesmo ano, para telas listas no vindeiro, permitirán, entre outras melloras, habilitar dous espazos diferenciados na base; un para brigadas de prevención e defensa contra incendios e outro específico para pilotos de helicópteros.