Quiroga continúa coa preparación da XL Feira do Viño
O Concello de Quiroga segue organizando a XL Feira do Viño que ten como data o 16 e 17 de abril. Coincidindo coa Semana Santa esperase poder celebrar o acto se a situación epidemiolóxica acompaña.
O Concello segue adiante coa idea de que, por primeira vez, acudan á feira adegueiros profesionais. Esta decisión foi tomada xa no año 2019 pero, a pandemia sanitaria que impediu que se levara a cabo esta festa, fixo que aínda non se puidese materializar.
Esta decisión quedou plasmada na xuntanza da comisión organizadora do evento, que xa comezou a poñerse en contacto con todas as adegas da subzona Quiroga-Bibei que forman parte da Denominación Ribeira Sacra. Algunhas das adegas xa confirmaron a súa presenza na festa de exaltación dun dos productos máis importantes do municipio.
Por diante quedan máis xuntanzas para fixar prazos e requisitos de inscripcións, para falar con colleiteiros, para pechar nomes de posibles pregoeiros e para organizar as innumerables actividades que van aparelladas a una festa tan importante para Quiroga.