viernes. 29.03.2024

En Semana Santa faráse un programa cultural, mentres que en xullo esperan poder realizar actos lúdicos e festivos

Por segundo ano consecutivo a Feira do Viño de Quiroga terá que facerse dunha maneira diferente a habitual. Se no 2020 o programa quedou reducido a un formato virtual debido ao confinamento domiciliario pola expansión da COVID-19, este 2021 será únicamente cultural.

Un dos motivos para manter un programa deste evento a pesar das restriccións é o ter a feira consolidada. Ademáis Julio Álvarez, alcalde da localidade subliña que un 50% da producción de viño da D.O Ribeira Sacra prodúcese en Quiroga, un dos 17 concellos que forman o consello regulador.

A primeira parte, a que se fará durante esta Semana Santa contará con diferentes actividades que comenzan este venres ca exposición das máis de 500 botellas dos diferentes caldos participantes na mostra durante as 40 edicións.

Música, animacións na rúa e incluso unha andaina formarán parte da axenda de eventos da vila durante estes días.

O rexedor da localidade, espera que na fin de semana do 24 e 25 de xullo podan facer os eventos de ocio, esperando que as restriccións e a situación sanitaria sexan ás óptimas para poder reunir a xente.

Obras

Neste apartado, Álvarez destaca a construcción do primeiro cemiterio civil da vila, de carácter público. Actualmente existe un católico que da servizo a todos os veciños, pero a lei obriga a que poda haber as dúas opcións para os non creentes.

A construcción do mesmo faráse anexa ao actual campo santo e terá espazo para máis de 1.000 nichos e panteóns. Terá tamén un lugar de culto aconfesional para a realización de diferentes actos mortuorios.

Quiroga realizará a Feira do Viño en dúas fases