Ultimando detalles da Feira do viño de Quiroga cun novo cartel
A XLII Feira do Viño de Quiroga será o 30 e o 31 de marzo. A falta dun mes, máis ou menos, xa se están comezando a levar a cabo as primeiras xuntanzas coas adegas participantes.
Xa se fixo esa primeira reunión de «contacto cas que viñeron e as que non, mandaron recado para que as tiveramos en conta», explica José Luis Rivera, alcalde do Concello de Quiroga. O primeiro paso que hai que seguir para poder facer esta Feira é «contactar con elas e non tivemos problema. Son 13 adegas, unha máis que o ano pasado».
Despois de concretar diferentes puntos nesta primeira toma de contacto, de aquí a «Feira do Viño teremos como mínimo outras 3 para ultimar detalles e rematar de facer a programación».
Como cada ano, hai unha que é de distinta denominación de orixe. En esta ocasión «tocáballe a Valdeorras, entón ben a de Alán de Val. Por isto, habería un total de 14 adegas».
Por outra banda, este ano traíase a novidade dun concurso do cartel que anunciaría esta XLII edición, un total de 20 persoas fixeron entrega da súa proposta. «Nos últimos anos tiñamos sempre o mesmo, entón xa temos o cartel gañador na imprenta». A presentación os medios «igual o facemos para a semana que ven no túnel de Montefurado».
Podes escoitar a entrevista completa a José Luis Rivera, alcalde de Quiroga, aquí: