viernes. 31.03.2023

Trátase dun turista que se subiu a un muro e caeu por un desnivel duns dez metros de altura como explican dende o 112

Este mércores un home perdeu a vida no concello de Manzaneda. Según explican dende o 112 subíuse a un muro e caeu dende unha altura duns 10 metros de altura. Neste caso trátase dun turista. Os servixos de emerxencia foron alertados por un particular arredor das 11:30 horas explicando que a persoa estaba atrapada e inconsciente.

De forma inmediata, os operadores do CIAE-112 déronlle o aviso aos servizos sanitarios de urxencia, ao GES de Castro Caldelas, aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do concello e á Garda Civil.

Poucos minutos despois, os servizos sanitarios confirmáronlle ao 112 Galicia a mobilización, cara o lugar, do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Xa desde o punto, e pese aos esforzos do persoal sanitario, os medios de intervención confirmaron que nada se puido facer por salvarlle a vida á persoa precipitada. 

Un home perde a vida tras caer por un desnivel en Manzaneda