martes 7/12/21

O tráfico estivo cortado durante aproximadamente unha hora, sendo desviado pola N-525

Ás 16:00 horas deste domingo produciuse un corte de circulación na autovía A-52 a altura de Erosa, no Concello da Gudiña.

O suceso producíase tras reavivarse o lume nunha zona adxacente á estrada, xunto a unha plantación de eucaliptos.

Mentres o fume impedía o paso dos vehículos creouse un paso alternativo na N-525, á altura da Estación de Servizo de A Erosa. 45 minutos despois e tras a intervención dos equipos de extinción a fumareda desapareceu e restableceuse o tráfico.

Este é o segundo incidente destas características que se produce no Concello da Gudiña más últimas horas, xa que as lapas ameazaron a Estación de Servizo da Erosa durante a pasada madrugada.

O intenso fume provocou un corte de circulación na A-52 na Erosa (A Gudiña)