martes. 16.04.2024

A Asociación de Amigos do Camiño de Inverno quere resolver a sinalización da ruta alternativa pola Serra da Enciña da Lastra, no tramo da poboación de Quereño, en Rubiá. A presidenta, Asunción Arias, explica que “había unha sinalización que marcaba este traxecto voluntario que parece ser que foi completamente borrada; temos que falar co concello para poñerlle solución”.

Coma esta, outras sinalizacións do Camiño vense afectadas co paso do tempo e o actuar dos vándalos, mentres a ruta definitiva non se define. “Temos que estar moi atentos, resolvendo” explican dende a Asociación. Un trazado definitivo marcado por Patrimonio e a declaración do mesmo coma Ben de Interese Cultural (BIC), solucionarían moitas das demandas e problemas que se plantexan agora, xa que “o Camiño está moi vivo, é coma un recén nado, demandando aspectos a atender constantemente”.

Tamén dende o concello do Barco defenden a premura coa que “a Xunta ten que determinar claramente o trazado para de seguido, poder declaralo BIC”. Desta forma, segundo explica, “impedirase que se fagan desastres como se teñen feito nalgún tramo e tamén, os concellos poderán acollerse ás axudas de rehabilitación de vivendas”.

Algo que sí se pode facer para que se respete, mentres a determinación do trazado chega, é poñelo en coñecemento da poboación da pé, que “os valdeorreses saiban da súa existencia e trazado, porque aquelo que se coñece é máis fácil preservalo e conservar a súa esencia patrimonial, non estropealo”, explica Arias.

Albergue privado en O Barco

O rexedor de O Barco continúa a alentar a construcción dun albergue privado na vila. Pola súa banda, considérao “fundamental que un particular se lance a levalo a cabo”, algo que de non levarse a efecto, “terá que ser posto en funcionamento finalmente polo propio concello”.

Reclaman a reparación das sinais do Camiño pola Serra da Lastra