viernes. 19.04.2024
portada

As masas conforman a paisaxe característica de Galicia e teñen un alto interese para a conservación de especies e hábitats

A Consellería do Medio Rural ven de publicar no Diario Oficial de Galicia o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas dos montes Serra Malveda, Caprada e Galegas, situados todos eles no concello ourensán de Rubiá

Os mesmos están en titularidade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Oulego, Sierra Malvela, Caprada e Galegas, tendo unha superficie de 1.255 hectáreas, das cales 105,24 has ocupadas por aciñeira (Quercus ilex) que son as que se inscribirán no rexistro da Xunta.

Así a partir deste 6 de maio toda persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense os documentos correspondentes a este expediente de inscrición. Tamén poderán presentar as alegacións que estimen oportunas nun prazo de dous meses. O prazo conmuta a partir deste día 6.

Na actualidade xa existen 18 tipos de lugares inscritas no rexistro, tres na zona de Valdeorras e arredores. No concello de Rubiá e sendo dos montes veciñais en man común de Biobra, as masas ocupan unha superficie de 170,86 hectáreas.

Outro paraxe afectado é a CMVMC da Castiñeira, en Vilariño de Conso, afectando a 34,49 hectáreas de Cerqueiro. Tamén “Serra do Eixe e Monte Mazaira”, situado no concello de A Veiga e de titularidad de la Comunidad de Montes Vecinales de Meixide están no rexistro.

Clasificado cómo vecinal mancomún dende 1975, a superficie clasificada total é de 1.168 hectáreas contando con formacións de cerqueiros (Quercus pyrenaica) e abedules (Betula spp) acompañados por sauces (Salix spp) como especie secundaria. Esas masas abarcan un total de 38,84 ha, en tres coutos redondos.

As masas conforman a paisaxe característica de Galicia e teñen un alto interese para a conservación de especies e hábitats, así como unha gran capacidade de xerar recursos de alto valor para a sociedade.

Para poder inscribirse deben contar cunha superficie mínima de monte de 15 hectáreas que poden estar constituídas por tres coutos redondos, sempre que cada unha delas teña un mínimo de 3,75 hectáreas (25% da superficie mínima) e unha idade media de 20 anos.

O rexistro pretende favorecer a xestión forestal activa das masas inscritas, para o que o Decreto que o regula establece unha serie de medidas, como son a prioridade na concesión de axudas públicas, a divulgación dos seus valores e das utilidades directas destas masas de frondosas ou mesmo o fomento do desenvolvemento de vantaxes fiscais para os seus titulares.

A Xunta inscribe os montes de Rubiá no rexistro de masas consolidadas frondosas autóctonas