Os sons dos folións encheron de ritmo as rúas de Petín

Nove foron os convidados: Buxán, Os Labregos, Tameiron, Chandrexa, Sobrado, Castro Caldelas, A Caniceira, Valdín-Porto e O Fiadeiro. Percorreron a rúa das Covas ata a praza onde a troula chegou ao seu culmen

Esta tarde de sábado, 15 de febreiro, A  Asociación dos Arreiros de Petín organizou con gran éxito a esperada Xuntanza de Folións, un evento que congregou a numerosísimas persoas nunha celebración chea de ritmo e tradición. Ao son dos bombos, aixadas e gadañas, nove folións convidados desfilaron polas rúas, enchendo o ambiente de troula e cor.

O desfile comenzou na emblemática rúa da "ruta das covas" e culminou na praza, onde os asistentes poideron gozar dun espectáculo vibrante. Os organizadores, Os Arreiros de Petín, foron os primeiros en abrir o camiño, seguidos polo Folión de Valdín-Porto, o Folión de Sobrado, O Irrio de Castro Caldelas, A Caniceira, O Tameiron, Os Labregos, o Folión de Buxán, o Folión de Chandrexa, e pechando con broche de ouro o Folión O Fiadeiro.

A participación dos veciños foi fundamental para o éxito do evento, xa que moitos abriron as adegas para ofrecer refrescantes bebidas aos participantes, creando un gran ambiente de festa e celebración. Ademáis, os organizadores dispuxeron un posto de aprovisionamento na rúa, e ó mesmo tempo iban marcando as saídas e acompañando aos participantes dos diferentes folions en todo o percorrido.