Protección Civil de Petín e Trives contan con novos esparelladores de sal
Estos esparelladores servirán para que as agrupacións de Protección Civil conten co material axeitado
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, entregou esparelladores de sal ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) dos concellos de Petín e A Pobra de Trives xunto a outros concellos de Galicia tras unha achega do Goberno autonómico.
Esto inclúese no Plan Nega (Plan de Nevaradas de Galicia) para os municipios que teñen unha altitude media por enriba dos 500 m. e resultan ser os mais castigados por xeadas e nevadas.
Esto é unha prioridade para que os efectivos de emerxencias conten co material axeitado para realizar as intervencións con maior eficiencia, con seguridade e co mellor equipamento posible, salientando Alén a labor dos volutarios complementando aos servizos municipais nos dispositivos para atender aos veciños no día a día nestes meses marcados pola pandemia da covid-19.
O esparelladores de sal entregado dispoñen dunha capacidade de 300 litros e permiten un esparellamento regulable que pode chegar aos 5 m. de anchura.
Veñen preparados para ser axustados a vehículos todo terreo ou remolques, ou ben unidades de remolque. Posúen un depósito de polietileno cun bastidor metálico con protección anticorrosiva; son accionados por motor eléctrico de 12 v e de 1/2 hp con conexións eléctricas resistentes á auga, e están montados sobre un eixo de transmisión e disco en aceiro inoxidable con selado especial contra a auga.