viernes. 29.03.2024

Un dos casos non reside na localidade, quedando a súa familia en corentena preventiva

O Concello de Petín ven de anunciar a existencia dos 2 primeiros casos por COVID-19 no seu municipio os primeiros en toda a pandemia, así como a suspensión de todas as actividades programadas para as próximas datas.

Un dos positivos corresponde a unha persoa que non reside na localidade, pero que si ten pero si a súa familia e ademáis ten o médico en Petín, polo que contabiliza como positivo no municipio por parte do Sergas, que nestes intres está gardando a corentena correspondiente dende o pasado sábado.

Así mesmo infórmase de outro positivo por esta enfermedade que reside na vila cuxo rastrexo de contactos xa comezou.

Dende o consistorio apélase a tranquilidade, pero tamén a responsabilidade de todos os veciños comunicando a súa vez que quedan canceladas todas as actividades culturais, deportivas e a feira prevista para o mércores 21.

Petín contabiliza 2 casos por coronavirus e suspende todas as actividades