As creacións dos rapaces petineses á pasarela
Mais de 30 nenos sairán por segundo ano consecutivo a lucir as súas mellores galas na pasarela habilitada na praza Dr. Quiroga de Petín o venres, 18 de agosto, a partir das 20:00 horas.
Esta iniciativa xurdiu hai un ano para animar o verán petinés a veciños e visitantes. Amancio Díaz, gran coñecedor da praza, pensou que a aqueles nenos que estaban todo o día trouleando polo pobo e, principalmente neste emprazamento, había que darlles algo máis; así naceu a idea do desfile.
Os nenos vístense cas súas propias roupas, «o único que queremos e que sexan eles os protagonistas e que se divirtan», sinala Díaz.
[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/08/IMG_2318.jpg"]
Na edición pasada a temática elixida para un dos pases foi o deporte. Este ano quixeron ir mais aló e crearon un obradoiro para facer os traxes que lucirán os mais pequenos neste desfile. Tres serán os pases que faga cada neno.
Máis de dúas semanas levan traballando no Teleclub pais, nais, avós, tíos e calquera que queira colaborar nos disfraces e roupas que esta noite lucirán na pasarela. Camisetas tuneadas con moitas cores, vestidos de princesa, de heroes, e un si fin de traxes feitos para a ocasión.
Non é esta a única iniciativa de Amacio Díaz e a Asociación Fonte Grande xa que o vindeiro sábado Petín celebrará unha nova edición da Ruta das Bodegas, xa vai pola cuarta edición.