sábado. 20.04.2024

Estas máscaras serán repartidas aos veciños censados na localidade, non será o primeiro reparto que fagan durante a pandemia

As mascarillas convertíronse durante a pandemia provocada polo COVID-19 nun ben escaso durante diversos momentos, xa que a demanda superaba amplamente a oferta, etapas nas que os concellos, entre eles Petín, tiveron que traballar duramente para poder conseguilas e repartilas entre os seus veciños.

Primeiro xunto co reparto da Xunta de Galicia as voluntarias fixeron posible que todos os habitantes de Petín tiveran máscaras para poder saír a rúa con total seguridade, xa que dende o ente autonómico enviaron 650 mascarillas sendo 859 as personas censadas. Despois foi grazas a donación de Bodegas Terriña, xa que esta empresa vitivinícola donou 2.000 destes elementos de protección aos veciños, e agora é o propio concello o que conseguiu mercar outras 2.000 máscaras.

Dende este venres poderánse recoller na casa consistorial, así mesmo os voluntarios de Protección Civil de Petín repartiranas nos fogares.

Obras

No apartado de obras, este mismo xoves comezou a obra de mellora na vía principal de Freixido de Abaixo. Cun presuposto de 48.000 euros, esta mellora consiste na demolición do firme e da drenaxe da vía principal da localidade mediante a demolición do vial existente, reposición dos servizos afectados de saneamento e abastecemento e reposición do pavimento de formigón. Esta obra fora demandada polo concello a Deputación de Ourense.

Calle en Freixido de Abaixo
Rúa de Freixido de Abaixo que está sendo arranxada estos días

O Concello de Petín compra mascarillas para os seus veciños