Unha cea popular deu comezo as Festas da Rabiosa na Portela, Petín
27 de agosto de 2022 (12:43 h.)
As Festas da Rabiosa na Portela de Portomourisco (Petín) que honran a San Vitoiro comezaron cunha cea popular e rematarán o luns 29
Case que 300 persoas se diron cita onte a noite na praza Belén Outeriño da Portela, onde unha cea popular deu o pistoletazo de saída as Festas da Rabiosa.
Catro días de festa nas que se conmemora ao patrón San Vitoiro. Onte os protagonistas foron os nenos —con xogos e festa de disfraces— e a cea popular na que non faltou a paella.
Hoxe 27 de agosto, pasarrúas e alborada con un grupo de gaiteiros, misa solemne na honra do San Vitoiro que sairá en procesión polas rúas do pobo, xa a tarde, verbena coa orquestra Triunfo. As festas rematan o luns 29.
A comisión de festas agradeceua a colaboración de todos os establecementos comercias que apoiaron esta iniciativa, así coma aos veciños e visitantes que quixeron participar na cea.