viernes. 29.03.2024

A construcción dunha nova Ponte de Barxa terá un presuposto de 462.000 euros e un prazo de execución de 4 meses

A Ponte de Barxa está outro paso máis preto de volver a estar operativa. Así se confirmou tras o anuncio por parte da Deputación de Ourense e Xunta de Galicia para achegar dous terzos dos 462.000 euros nos que se presupostou a construcción dunha nova infraestrutura que sustituirá a edificación danada nas riadas do 2019.

Esta será construída sobre o río Xares, no Concello do Bolo. A anterior ponte colapsara en decebro do 2019 como consecuencia do forte caudal alcanzado por unha intensa borrasca.

Tras varios trámites, fai varias semanas creouse unha comisión para realizar as obras o antes posible. Situación que agradecera o rexedor da localidade Manuel Corzo para ofrecer unha solución aos habitentes tanto de Barxa en Petín como os de O Seixo no concello bolés. Estes vense obrigados a facer grandes rodeos para tarefas tan simples como ir a escola ou o banco.

Na reunión da comisión estiveron presentes o vicepresidente da institución provincial e presidente da comisión, Rosendo Fernández; o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde do Bolo, Manuel Corzo; e os deputados dos grupos políticos con representación na corporación provincial.

Os asistentes tamén decidiron solicitar con urxencia unha reunión coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, institución que tamén forma parte da comisión, pero ausente nesta convocatoria e na sesión constitutiva, para coñecer a súa participación no financiamento do proxecto.

Ademais, pedirán ao organismo de conca un informe sobre o acontecido na xornada do 20 de decembro de 2019, cando as fortes chuvias abriron unha profunda fenda no piar central da ponte sobre o río Xares que obrigou a pechar este paso da estrada municipal que une as localidades de Barxa e Seixo.

O tempo de execución das obras e de 4 meses.

Xunta e Deputación achegarán dous terzos do presuposto para a Ponte de Barxa