Trasladada ao hospital tras sufrir un accidente en Barxa (O Bolo)

En principio a accidentada atopábase ben pero foi trasladada ao Hospital Público Valdeorras para a súa avaliación

Unha muller resultou ferida este luns 27 de outubro en Barxa, aldea do concello do Bolo, despois de sufrir un accidente co seu vehículo pouco antes das 16:30 horas.

Segundo fontes de emerxencias, o coche da vítima, veciña da localidade, circulaba por unha das fortes costas que caracterizan o núcleo de Barxa cando rematou «índoselle o coche e impactando de fronte contra a fachada doutra vivenda» situada a un nivel inferior.

Nun primeiro momento, existía preocupación tanto polo estado da muller como pola imposibilidade de abrir a porta do vehículo. Por iso foron mobilizados os Bombeiros da Rúa, o GES da Veiga, Protección Civil do Bolo e unha dotación do 061. Tamén se desprazou a Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, lograron abrir a porta e comprobaron co cal comunicóuselle aos bombeiros que non era necesaria a súa intervención «é un ha aldea que está bastante lonxe e ao non ser preciso a súa actuación era mellor que quedaran na base por si pasaba algo» explican desde emerxencias.

Unha vez se logrou abrir o vehículo, púidose acceder á ferida. A muller non se atopaba atrapada, pero permaneceu no interior ata a chegada dos servizos sanitarios.

A primeira ambulancia tivo un contratempo e foi necesaria a mobilización dunha segunda, o que demorou lixeiramente a asistencia. A ferida foi finalmente trasladada ao Hospital Comarcal de Valdeorras para avaliación médica.

No operativo participaron efectivos da Garda Civil de Tráfico, 061, GES da Veiga, Bombeiros da Rúa e Protección Civil do Bolo.