Cambiar unha oficina por «estar coas botas e metendo as mans no abono»
Raquel Biscaia é «filla de labregos e viticultores» do Concello do Bolo. Con motivo do seu percorrido laboral, a Deputación de Ourense fíxolle unha homenaxe este 8 de xullo baixo o lema «O sabor da igualdade, viños creados por mulleres»
Raquel Biscaia cambiou Vigo por Chandoiro hai xa 10 anos —aínda que nunca deixou de vir ao seu pobo cada vez que podía—. Desde que marchou «a estudar xa fun pensando que tiña que volver».
O seu pobo «ten como ingreso principal a viticultura». Isto permitiulle adquirir moitos coñecementos sobre o tema, «nacín da man de xente que me explicaba o que fago», explica. De feito, Raquel define esta situación como: «Tiven moita sorte de estar rodeada de estas persoas».
«Son filla de labregos e viticultores», así se define a propia Raquel. Oficios que leva no sangue aínda que moitos o vexan como algo «un pouco incrible». Cambiar unha oficina por «estar coas botas e metendo as mans no abono», chegou a ser algo moi rechamante para o seu entorno. Esta situación, Raquel, asocia ao que acontece «co traballo das mulleres, traballas un montón pero ninguén o nomea.
Despois de 14 anos despois do seu regreso puido observar que «hai unha gran fenda entre o rural e o urbano». O seu fillo, agora ten 15 anos, «chora por non ter unha boa conexión a Internet, acceso a cultura, cine ou música. Hai moitas cousas de ese tipo que provocan unha gran diferencia».
A pesar de estas dificultades que se foi encontrando no camiño, non persistiu e seguiu abríndose camiño no mundo da viticultura. «Eu creo que era o que tiña que facer», asegura.
Con motivo deste percorrido laboral, de loita e procura de mellorar, a Deputación de Ourense fíxolle unha homenaxe este 8 de xullo baixo o lema «O sabor da igualdade, viños creados por mulleres». A maiores, Raquel ten unha proposta de viños «naturais» feitos en Chandoiro.
Como emprender no rural?
Como unha persoa que emprendeu no rural, o seu principal consello é «pórse en contacto cos concellos ou con xente que emprendera». Todo o mundo ten alguén «detrás que sexa do rural».