Protección Civil do Bolo xa ten preparado o plan de emerxencia para a Semana Santa
O Vía Crucis das Ermitas e a Festa da Vitela e o Festival do Castelo, na capitalidade do concello do Bolo, afectarán ao tráfico polo que desde Protección Civil informan do plan de emerxencia e seguridade nesta Semana Santa
«Dentro dos plans de seguridade realizados por Protección Civil do Bolo para os eventos de Semana Santa do noso concello temos as seguintes afectacións de tráfico», indican desde Protección Civil. «Por favor, fagan caso as indicacións dos voluntarios e voluntarias e as autoridades presentes», pregan desde o grupo de voluntarios.
«Estes plans están realizados para que todo transcorra con normalidade e seguridade e ante unha eventual emerxencia dar unha pronta resposta. Queremos dar as grazas a todas as agrupacións de voluntarios que colaborarán con nós para que todo saia ben», subliñan
«Teremos tamén persoal de garda dispoñible as 24 horas do día para poder atender todos os incidentes que sucedan no noso Concello e non estean ligados a estes eventos. Recorda que estamos dispoñibles a través do 112 ou no 686 549 136 as 24 horas do día, os 7 días da semana», conclúen.