viernes. 29.03.2024

Os presupostos serán algo superiores ao millón de euros, no pleno tamén aprobouse un convenio con Endesa

O Concello do Bolo aprobou na última sesión plenaria os presupostos para este 2021, que están baseados no control do gasto público e na procura da eficiencia e a eficacia na xestión municipal. Ademais buscarán reflectir o compromiso coa estabilidade orzamentaria e a sustentabilidade financeira xunto ao límite de gasto non financeiro da administración local.

O obxectivo é que o municipio bolés sexa una administración ben xestionada e solvente, localidade que actualmente non ten endebedamento, cumpre a regra de gasto e que se rexe polo equilibrio orzamentario.

Para iso neste 2021 o orzamento ascende a cantidade de 1.107.722,15 euros tanto en gastos como en ingresos, destinandose a maior parte dos gastos a bens corretes e servizos, e a gastos de persoal.

Noutro punto da sesión, a corporación aprobou a cesión da antiga escola e vivenda de mestres en Cambela a Asociación de Veciños Choutiso de Cambela para a utilización con fins sociais ou culturais. O mesmo ocorre ca antiga escola e vivenda de mestres en Lentellais que será cedida a Asociación de Veciños San Simón.

Antiga escola de Cambela rehabilitada polo Concello do Bolo

Cesión dun vial

A entidade Endesa Generación S.A. propietaria do aproveitamento hidroeléctrico situado no río Xares, conta cunha estrada que atraviesa parte das fincas propiedade de Endesa entre as localidades de Prada e Celavente, co paso do tempo esta converteuse en vial de uso público, que permite o acceso a fincas de titularidade privada, así como a conexión con outras vías de titularidade e uso público. Este vial atravesa 4,6 kilómetros do concello bolés polo que a empresa propuso a creación dun convenio para que a carretera pase a ser de titularidade municipal ao seu paso por O Bolo.

Así ca aprobación no pleno desta cesión, Endesa Generación contribuirá económicamente cun importe de 133.451,47 euros para a reparación  e acondicionamento da mencionada estrada, non asumindo ningunha outra responsabilidade na execución das obras e colaborará co concello no desenvolvemento de actividades que axuden ao desenvolvemento socioeconómico da comarca.

O Bolo aproba os seus presupostos