jueves. 28.03.2024

As obras de restauración do Muíño de aceite, situado en propiedade do Santuario de As Ermitas, en O Bolo, xa están en marcha. Así confirma o alcalde, Manuel Corzo, a noticia do comezo dos traballos, “que actuarán primeiro neste muíño para pasar de seguido aos outros dous, o muíño fariñeiro e o muíño da luz, unha especie de mini central”.

A acometida, feita realidade grazas as axudas recibidas por parte da Xunta e o compromiso obtido da Diputación, “é unha inversión moi importante que virá a completar a visita a unha zona das máis destacadas turísticamente falando, coas Ermitas e o Castelo”. Segundo conta o rexedor do Bolo, o concello xa está poñendo da súa parte “asfaltando en varios tramos a estrada da que tivemos que facernos cargo para poder arranxar os muíños, a que vai dende O Vao a Manzaneda, antes propiedade de Hiberdrola”. 20.000 euros de inversión exclusiva do concello, para “adecentala e poñela en condicións” para que os visitantes poidan percorrela cómodamente e sen perigos.

O proxecto completo estudia a recuperación dos tres muíños co fin de mostrar o seu funcionamento aos visitantes interesados, "sobre todo escolares que queiran aprender cómo se facía fariña ou se producía luz coa forza da auga". O presuposto total das obras está valorado en 200.000 euros.

Comeza a restauración do muíño de aceite de As Ermitas, en O Bolo