O Bolo segue a recibir visitas turísticas

O Bolo segue a recibir visitas turísticas

O Servizo de Información Turística do Concello do Bolo retomaba a actividade o pasado mes de marzo despois de estar un tempo parado e xa recibiu a 300 persoas

O pasado mes de marzo e mirando cara Semana Santa, o Concello do Bolo poñía en marcha o servizo de información turística, despois de estar algún tempo fora de servizo. 

Este domingo recibian a un grupo de 30 persoas procedentes do oeste da cominidade en concreto de «terras coruñesas (Coruña,Betanzos,etc). Viñan nunha viaxe organizada por unha axencia e reservaron visita guiada no Santuario das Ermidas e no Castelo do Bolo», explican desde o servizo de información.

Visita ao castelo

E non van ser os únicos que se mergullarán nos encantos da paisaxe, da historia e dos monumentos emblemáticos do Bolo, xa que «este mes hai nestes momentos reservas de tres viaxes de axencias de toda Galicia que faran uso do servizo de información turística do concello do Bolo. Traendo a terras bolesas máis de 200 personas nestas excursións procedentes de diferentes puntos de Galicia», aseguran.

Desde o punto informativo tamén sinalan que:  «Na Semana Santa o servizo atendeu nos catro días de apertura a mais de 100 persoas procedentes na maioria de Galicia, e tamén de Madrid, Barcelona, País Vasco e Andalucía».

Visita ás Ermitas

venres a domingo en horario de 10 a 14:30 horas. As visitas levaránse a cabo cunha guía oficial de Galicia para ofrecer toda a información sobre o castelo medieval, o santuario das Ermidas e o Museo Yosso.

O teléfono de reservas é: 606 01 71 05 e, o horario de venres a domingo e festivos. O guiado de balde sitúase de 10.00 a 12.00 horas no Santuario barroco das Ermidas de venres a domingo e festivos marcados.

O Castelo medieval ten unha entrada especial de 2 euros para público xeral e outra reducida para xubilados, grupos, parados e escolares, sendo de balde para os veciños que estean empadroados no concello amosando o seu DNI. o horario é de 12:30 a 14:30 horas, de venres a domingo, e festivos,

O Museo Yosso, único museo pictórico en Valdeorras, pódese visitaros os sábados, con reserva previa, de 13.30 a 14.30 horas.

Subindo ao castelo pola rúa de Dona Urraca