Volve a JamFest á praia fluvial do Malecón
A Asociación de Música Alternativa Valdeorras (AMAVA) celebra unha nova edición da súa JamFest, neste ano actualizada cun formato de festival para promocionar grupos musicais locais da comarca.
O evento terá lugar os vindeiros 7 e 8 de setembro e terá entrada gratuita, na praia fluvial do Malecón do Barco. A programación comezará o sábado 7 cun obradoiro musical ás 11:30 horas. Logo haberá unha sesión vermú con música en directo.
Xa ás 20:00 horas as bandas da asociación arrincarán coa noite de rock. Actuarán Mrs. Fine, Notazul, Nemrock, El Patio de Leni, Navegando a Barlovento, Fendetestas, Seika ou No-Time. O domingo día 8 haberá unha nova sesión vermú a partir das 13:30 horas.
No mesmo recinto do festival, e durante os dous días, haberá un espazo gastronómico e foodtrucks.