Volve ao Barco un «referente en Galicia» como é a Feira de Produtos Artesanais do Eixo
Este sábado, O Barco volve desfrutar por todo o alto da súa Feira de Produtos Artesanais do Eixo Atlántico, despois de dous anos de pandemia, cunha completa mostra de produtos autóctonos para todos os paladares e actividades para todos los públicos.
Durante o acto inaugural, o concelleiro de Turismo, Lalo Santos, puxo en valor a importancia desta feira «xa consolidada e un referente» en Galicia, que reúne a «produtores e consumidores» de toda a Comunidade e do norte de Portugal, con produtos «da máxima calidade».
Sinalou que é «lugar de encontro entre o consumidor -que quere desfrutar do noso produto de proximidade, de calidade e garantizado e que non se atopa facilmente nos circuitos comerciais xerais e -por outra banda- os propios produtores, sen intermediacións».
«E importante que teñan precios interesantes e esa relación directamente entre o produtor e o consumidor; apuntou o concelleiro, nesta feira, na que se poderán degustar entre outros alimentos, as conservas da Mariña Central, mel da Serra da Enciña da Lastra, doces, setas ecolóxicas, viños de Valdeorras, licores ou cogomelos que farán as delicias dos asistentes.
Durante a xornada, haberá numerosas actividades paralelas coma un obradoiro infantíl de artesanía e respotería. Tamén haberá unha demostración de cociña con produtos típicos da comarca de Valdeorras. O obxectivo, «vender moito e desfrutar dos nosos produtos», dixo.
Pola súa banda, o alcalde Alfredo García, tomou a palabra facendo unha «pequena» reflexión sobre o futuro da comarca e do sector nun momento tan complexo pola despoboación.
«Para combater iso, o exemplo son estes produtores que apostaron por vivir no rural e do rural fabricando producindo produtos de calidade que existen no medio rural»; sinalou o rexedor
Para o alcalde barquense, o futuro do rural pasa por «mercar» os produtos de proximidade. «Se seguimos coa filosofía de mercar máis barato iremos camiño do desastre como nos sucedeu fai dous anos coa pandemia porque éramos incapaces de producir os produtos máis básicos», advertiu.
En medio dun ambiente festivo, Alfredo García fixo unha chamada a todos os veciños para que visiten esta feira e poder desfrutar destas elaboracións que fixeron «todo o ano para desfrute dos nosos paladares».
Pechou a súa intervención, cunhas breves palabras dirixidas ós produtores, verdadeiros artífices de que esta terra poida contar con produtos de calidade e a Consellería, por pór estas feiras a disposición dos galegos con produtos de calidade.
Visita un a un cada posto artesán: