Vive un Entroido de ‘Skándalo’ no Barco!
O local de hostalería e lecer ‘Skándalo’, situado no Barco, vén de presentar un completo programa de actividades para celebrar o Entroido 2025 por todo o alto. A programación inclúe os tradicionais xoves de compadres e comadres, unha festa infantil de disfraces e unha gran festa de fin de Entroido.
Xoves de compadres e comadres con pintxada especial
Unha das principais apostas do establecemento para estas datas son os xoves de compadres e comadres, que se celebrarán os días 20 e 27 de febreiro, respectivamente. Para a ocasión, ‘Skándalo’ convida a disfrazarse e gozar dunha «pintxada» especial con estupendos pinchos. A partir das 21:30 h., os asistentes poderán degustar estas delicias por un prezo de 12 euros, mentres desfrutan dunha sesión musical que culminará cun gran baile final. As reservas están abertas ata o 19 de febreiro para compadres e ata o 26 de febreiro para comadres.
Finde de festa con DJ Karayán e DJ Argü
A programación segue coas noites do venres 28 e sábado 1 de marzo. O venres, a partir das 23:30 h., o encargado de animar a festa será DJ Karayán, mentres que o sábado, ademais de Karayán, sumarase á cabina DJ Argü desde as 23:59 h.
Festa infantil o domingo de Entroido
O domingo 2 de marzo será a quenda dos máis pequenos. Entre as 17:30 e as 20:30 h., os nenos e nenas de 4 a 10 anos poderán gozar dunha festa de disfraces con baile, tatoos, palomitas, algodón de azucre, photocall e moitas sorpresas. Para participar, os cativos deben acudir acompañados dun adulto.
Gran Festa de Fin de Entroido
Para poñer o broche final, o martes 4 de marzo a partir das 18:00 h. celebrarase unha Gran Festa de Fin de Entroido, despedindo así varios días de música, baile e diversión. Desde ‘Skándalo’ convidan a toda a veciñanza e visitantes a participar nestas actividades e vivir un Entroido «inesquecible».