A Praza da Torre do Castro no Barco foi o lugar elixido pola Ruta do Viño de Valdeorras para levar a cabo unha cata de cinco referencias de adegas asociadas este órgano que teñen historias de película detrás
Ben o saben as 30 persoas que onte ao serán participaron nunha cata ao pé da Torre do Castro (O Barco), onde películas como Casablanca ou Sempre Xonxa fixeron entender a «historia e o relato» do viño.
Cristina de la Torre dando a catar aos participantes o espumoso de Roandi
«Este tipo de actividades penso que é o que da sentido ao enoturismo e auna a maneira de entender o viño con frescura, con emoción; con encontro», sinalaba a xornalista Cristina de la Torre que xunto a enóloga, Cecilia Fernández, foron as organizadoras da velada, promovida pola Ruta do Viño de Valdeorras.
Cecilia Fernández, enóloga y organizadora de la cata
Vinos de película, que é como se denominou a actividade pretendeu dar a «coñecer o viño detrás das historias». Así o explicaba Cristina a Somos Comarca: «Nos axudan a descubrir as historias que hai detrás dun produto cultural que nos define en Valdeorras e, ao mesmo tempo ten que ser una forma de desfrute».
)
A xornalista e realizadora recalcou que esta maneira de entender o viño é válida tanto «para os que vivimos aquí coma para os que veñen de fora». «O obxectivo é que veñan a coñecer os nosos viños, os noso territorio e a nosa cultura aquí», insistiu.
Os viños elixidos para a cata foron: Brinde de Roandi, espumoso godello; Viña Corzo, Mencía; Quinta da Peza, godello; Casal Novo, mencía e A Cotarona de Adega a Pinguela, merenzao.
Referencias que se cataron
A actividade plantexouse como un encontro, entre as maneiras de crear cultura entre o cine e o viño. «Cecilia e mais eu queriamos facer desfrutar a xente de dúas maneiras de crear cultura diferentes: por un lado o cine e por outro o viño».
Fóronse así mesturando as maneiras no que o viño aparece no cine e tamén as historias de película que pode haber nos viños. «Unha historia de localización, de personaxes, de trama, de finais felices ou non tanto…»
Puxo o acento en que: «Todo o esforzo, a paixón, o amor e a dedicación que hai detrás dunha película tamén a pode haber detrás dun viño».
Sen dúbida una das escenas que máis gustou foia da vendima de «Sempre Xonxa» que ademais de ser da «casa» e tremendamente pasional.
Pensan repetir o formato dentro dunhas semanas na Rúa e asegura a organizadora que é mellor vir cas películas vistas xa que así se entenderá mellor o por que se elixiron esas e non outras.