Viloira (O Barco) celebra un fin de semana de festa co I Birra e Rock Fest
Viloira, está a vivir un fin de semana cheo de música grazas á celebración do I Birra e Rock Fest. Este evento, organizado pola Asociación de Vecinos de Viloira en colaboración con Amava e Mahou, converteuse nunha cita imprescindible para os amantes da música alternativa e para todos os que quixeron desfrutar dun ambiente festivo.
A pesar de algún pequeno cambio no programa e de algún retraso na hora de comezo, o festival arrancou o venres 18 de xullo ás 22:00 horas coa actuación do grupo rués Green Angels, que ofrecéu un concerto centrado en versións coñecidas por todos, facendo que o público disfrutase ao máximo. A continuación, subiron ao escenario outros grupos como The Lelli Kelly’s, Fuss e o DJ Amadeo, que amenizaron a noite con música enérxica e moi variada, creando un ambiente de festa e convivencia entre todos os asistentes.
Durante toda a noite, os asistentes puideron gozar dunha ampla oferta gastronómica na foodtrucks dispoñible no recinto, onde poideron degustar pizzas e tapas. Ademais, tampouco faltou o bar con cervexa fría e outras bebidas refrescantes, que se podían adquirir mediante tickets que os propios asistentes compraban e intercambiaban por bebida, facilitando así a organización e o servizo.
Pero o momento máis esperado chegará o sábado 19 de xullo, que será o día grande do festival. A partir das 13:00 horas, haberá unha sesión vermú coa actuación do solista Martiño, que ofrecerá un concerto para abrir boca para o que virá despois. Ás 18:00 horas comezarán os concertos principais, con actuacións de grupos como El Patio de Leni, Mrs. Fine e Navegando a Barlovento, que ofrecerán unha variedade de estilos musicais para todos os gustos.
Para rematar a noite e o fin de semana, a discoteca móbil Opium e o DJ Isra poñerán o broche final cunha sesión de música para bailar e gozar ata altas horas da madrugada.