A VIII Festa do Botelo do Barco en Vigo celébrase o 4 de marzo no Hotel Coia
A VIII Festa do Botelo do Barco en Vigo terá lugar o próximo 4 de marzo no Hotel Coia. Organizada polo Concello do Barco dentro da súa campaña de promoción da gastronomía barquense, ofrecerase un menú composto por sopa de cocido, empanada de maravallas, botelo e chourizos con grelos e cachelos e, e sobremesa, bica, café e licores.
Todo acompañado de viños de Valdeorras e, de remate, haberá unha actuación musical. O prezo establecido para esta edición da Festa do Botelo en Vigo é de 32 euros.
As reservas para participar nesta festa, na que se espera a presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deben facerse de xeito anticipado no teléfono 986201820.
A Festa do Botelo en Vigo será o último acto promocional do botelo por esta temporada. Lémbrase que o embutido rei do inverno do Barco é o protagonista da Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2014.