sábado. 21.06.2025

Victoria Gullón ofreceu os seus contos e romances zamoranos ao público barquense

A sanabresa pechou unha semana con dous actuacións do Ciclo De Perto

A romancera e contadora sanabresa Victoria Gullón estivo na última cita celebrada do ciclo De Perto nos xardíns da Casa Grande de Viloira.

Gullón amosou ao público barquense a súa ampla traxectoria na investigación e divulgación do folclore e da tradición oral nunha tarde de intenso e sofocante calor na vila valdeorresa.

Vitoria Gullón, contadora de historias e cantadora de romances. Nada en Puebla de Sanabria (Zamora), transcorrendo a súa infancia entre a Serra da Culebra (Aliste), onde a súa avoa María foi pastora, e á que tantas veces oíu contar e cantar historias e romances durante a súa infancia, e os Arribes do Douro ( Sayago), zonas zamoranas cunha gran riqueza de tradición oral.

Ao longo dos seus 23 anos de traxectoria, participou en diversos eventos nacionais e internacionais, como o festival Un Madrid de Cuento, Maratón de Cuentos de Guadalaxara, Festival en Veu Alta EVA, Vilafranca do Penedés (Barcelona), Festival de Agüimes en Gran Canaria, Alcalá Cuenta, Alcalá de Henares (Madrid), Ciclo de Contadores de Historias, de Zamora, Roteiros Literarios, en Cuenca, etc. E internacionais, Viva Palabra, Medellín (Colombia), Todo Chile Cuenta, Santiago de Chile, Déjame que te cuente, Lima (Perú), Abra Palabra, Bucaramanga (Colombia), Festival de Zacatecas, México, Cuentos por la Paz, Montevideo (Uruguai), Festival de Alajuela, Costa Rica, Palavras Andarilhas, Beja (Portugal).

Tamén formou parte do grupo de polifonía renacentista TACTUS, co que gravou un disco, e un segundo disco en solitario sobre o Romancero, titulado VITOR VITONGA. Actualmente forma parte do laboratorio teatral Irmás Mirabal, de Madrid, dirixido por Beatriz Santiago.

A próxima cita co Ciclo De Perto será o vindeiro mércores 3 de xullo.

Victoria Gullón ofreceu os seus contos e romances zamoranos ao público barquense