A valdeorresa Sabela Hermida, no papel de María Casares, hoxe no TLO
A Valdeorresa, Sabela Hermida e o catalán, Germán Torres representan no TLO —Teatro Lauro Olmo— do Barco, «Política Sentimental», o encontro necesario entre María Casares e Albert Camus. Hoxe, 16 de decembro, ás 21.00 horas.
Cando se acaban de cumprir os cen anos do nacemento de María Casares, Sabela Hermida da vida esta personaxe. Sabela é barquense por parte de nai e está emocionada de volver as súas orixes, así o explicaba a Somos Comarca: «Para min e moi importante volver ao escenario do Teatro Lauro Olmo, despois de moitos anos e poñer en escena esta obra. As miñas raíces maternas están aquí, aínda teño moitísima familia e moitísimos amigos que estaban xe desexando verme, por fin».
A obra adicaralla aos seus avós, Paciano e Isabel, que aínda que xa faleceron ela segue a telos presentes. «Fai doce anos que actuei no Teatro Lauro Olmo, adiqueille esta función aos meus avós, daquela aínda estaban vivos, agora non. Pero vai outra vez para eles con todo o cariño ».
Referente a obra significa que: «Hai que celebrar a esta actriz, a nosa galega máis universal, María Casares que acaba de cumprir 100 anos desde o seu nacemento desde o pasado novembro».
É unha obra que se enmarca dentro das actividades que a Xunta está levando a cabo para conmemorar o seu centenario e da que Germán Torres sinala. «É unha historia de amor moi forte, moi interesante, moi histórica».
No seguinte vídeo atoparedes toda a conversa son Sabela e Germán:
A Xunta conmemora o centenario de María Casares
O pasado 15 de decembro , o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaba a xira do espectáculo escénico Política Sentimental. Organizado pola Xunta de Galicia como parte da ampla programación de actividades realizadas durante todo o ano para celebrar o centenario de María Casares.
Acompañado da actriz Sabela Hermida, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades saudou unha xira «que contribuirá a dar a coñecer a traxectoria dunha actriz excepcional que non por integrarse no seu país de acollida renunciou á súa identidade previa e cuxo talento e relevancia recoñecemos na súa terra de nacemento ao darlle o seu nome aos premios de teatro por excelencia de Galicia».
Política Sentimental é un texto do escritor e crítico teatral Javier Villán adaptado ao galego por Manarte Producciones co gallo do centenario da actriz María Casares. Dirixida por David Loaysa —non estará no TLO por mor do mal tempo que o deixou en Londres illado— e protagonizada pola actiz de orixe barquense, Sabela Hermida e o catalán Germán Torres. Serán os encargados de darlles vida a María Casares e Albert Camus respectivamente.
A obra sitúa o espectador no París de 1940, ocupado polos nazis. Será neste escenario onde se produza o encontro entre as dúas personalidades do panorama cultural da época: Albert Camus, un dos máis notables representantes do existencialismo francés, e a actriz galega María Casares.
O espectáculo, que xa realizou o seu primeiro pase este martes en Lugo, visita hoxe o Teatro Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), ás 21,00 h.; o Auditorio Lois Tobío (Gondomar) o sábado 17 de decembro ás 21,30 h.; o Salón Teatro (Santiago de Compostela) o domingo 18 decembro ás 18,00 h. e o Museo de Belas Artes (A Coruña) o mércores 21 decembro cun pase ás 18,00 h. e outro ás 20,00 h.
Unha vida dedicada á interpretación
Nada na Coruña en 1922, María Casares dedicou a súa vida á interpretación, tanto no teatro como no cinema, cunha dilatada traxectoria en Francia, onde se exiliou en 1936. Protagonizou varias obras escritas por Camus e representou obras de Sartre, Jean Anouilh, Jean Cocteau, Genet e Claudel, pois chegou a converterse en musa do existencialismo francés. En 1996, María Casares aceptou que os premios de teatro de Galicia levasen o seu nome, mais faleceu antes de que puidese celebrarse a primeira edición.