A provincia de Ourense acollerá un ano máis as Xornadas de Folclore, que van xa apola trixésimo cuarta edición.
Este certame recorrerá 16 concellos da provincia entre os que se encontran A rúa, O Barco, Viana do Bolo ou Castro Caldelas. Será entre os días 7 e 16 de agosto, presentando dous espectáculos en cada localidade de tres grupos de danza que chegan dende Chile, México, Perú, Rusia ou Kenia. A excepción serán Ourense e Ribadavia, onde o espectáculo incluirá a todas as agrupacións participantes.
Ao acto de presentación, celebrado en Ourense, acudiu a directora do Teatro Principal, Olga Mojón; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o director artístico, Xulio Fernández Senra.
A apertura destas Xornadas será o luns 7 de agosto, cun acto inaugural no Teatro Principal de Ourense. O peche terá lugar o mércores 16 no auditorio do Castelo de Ribadavia. A novidade este ano é a incorporación do grupo procedente de Chile, co Ballet Folclórico Municipal de Roncagua, que ilustrará aos presentes cun baile típico da Rexión Andida e outro da Illa de Pascua. Os demais grupos, como o ruso Krasnodar, o grupo de Yakutia ou os que veñen de Mexico, Lima ou Kenia, mostrarán tamén as danzas típicas dos seus países de orixe.
O presuposto destinado a edición de 2017 ascende a 147.500 euros que serán destinados -principalmente e segundo a organización-, á manutención, aloxamento e transporte dos bailaríns, así como ás luces e son dos diferentes espectáculos.