jueves. 28.03.2024
Portada

Por mor do vento cae unha árbore sobre a estrada N-536, en Viloira (fronte o I.T V), deixandoa cortada.

Unha arbore caeu sobre a estrada que une O Barco con Sobradelo dexixando o tráfico cortado, nestes intres membros de Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) están a traballar para retiralo. Y é que a cicloxénese Ana non deixou títere con cabeza, á caida de polas e árbores houbo que engadir o corte intermitente do suministro eléctrico e diferentes incidentes causados polas choivas.

Durante toda a xornada mantívose  o nivel de alerta amarelo, segundo MeteoGalicia, nas vindeiras horas os ventos serán máis frouxos e a neve deixarase ver nos cumios.

Ventos con refachos de ate 120 km/hora rexistráronse na estación de Casaio en torno as 20:00 horas. En Manzaneda chegaron a sobrepasar os 150 km/hora.

Na sección tempo deste dixital poderás atopar as previsóns para as vindeiras horas.

Unha árbore corta a N-536 en Viloira