Só tres dos dezaoito locais da Praza de Abastos seguen baleiros
Son dezaoito os locais que conforman a Praza de Abastos de O Barco de Valdeorras e coa recente adxudicación de dous deles, só tres quedan baleiros.
Unha carnicería e unha tenda de encurtidos e produtos variados serán os novos ocupantes de dous dos locais que quedaban dispoñibles no mercado de abastos. Despois de sacalos a concurso, adxudicáronse a estas dúas persoas que poñerán en marcha os novo negocio unha vez remate o proceso de presentar documentación e firmar contratos, que é o punto no que se encontran actualmente.
Con todo, o concurso do Centro de Produtos Tradicionais -que busca poñer á venda produtos galegos de excelencia-, quedou deserto xa que non se presentou ninguén.
O alcalde de O Barco, Alfredo García, asegurou que avaliarán todos os puntos do proxecto e buscarán a maneira de facelo máis atractivo para logo volver sacalo a concurso. "Vamos a estudiar el tema de volverlo a sacar en condiciones menos exigentes, aunque creo que ya no eran muy exigentes, puesto que no es para vender exclusivamente productos de excelencia, dejamos cierta libertad para que el arrendatario pueda vender otros productos relacionados", sinalou García.
O rexedor barquense recordou que nunha primeira fase o Eixo Atlántico rexeitou o proxecto xa que este ano houbo moita demanda e moitos proxectos presentados, máis que en anos anteriores. García explicou que o presentarán á segunda fase, a non ser que os demais concellos se opoñan. É precisamente nese punto no que se encontran agora mesmo, xa que o consultor estase a poñer en contacto cos demais concellos que forman o Eixo: "Imagino que dirán que sí y nos volveremos a presentar en la segunda fase, que es el segundo semestre de este año".
Si finalmente lles é concedido o proxecto, o Concello de O Barco reformularao para facelo máis atractivo e encontrar así algún interesado.