Os traballos realizados no Merendoiro xa se poden ver na Casa do Río Cigüeño do Barco

Os traballos realizados no Merendoiro xa se poden ver na Casa do Ríoo Cigüeño do Barco
Nesta primeira edición realizáronse nove obradoiros nos que participaron máis de 150 persoas e cuxo fin de encontrar  un lugar onde falar, opinar, aprender e crear cumpriuse

Na tarde do xoves 29 de xuño inaugurábase unha mostra dos traballos e creacións que as persoas participantes no Merendoiro realizaron durante estes meses. Pódese ver creacións literarias, bordado de fotografía, ilustracións ou colage.

A apertura estivo contou coa presenza do alcalde do Barco, Alfredo García e o concelleiro de Servicios Sociasis, Orlando Saavedra quen explicou a Somos Comarca:

“O Merendoiro” é o programa de lecer alternativo e creativo que a Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Igualdade do Concello do Barco de Valdeorras puxo en marcha o pasado mes de abril.

Naceu coa idea de compartir, e durante estes case dous meses os participantes compartiron «merenda, materiais, mesa e tempo». Pensouse coma un lugar para a reflexión e a creación onde se «aprendeu facendo, rindo, coñecéndose e falando».

Percorrimos a esposición con Araceli Macías da cooperativa Outonía coordinadora do proxecto.

Nesta primeira edición houbo un total de 9 obradoiros que superaron as 150 inscricións. Para saber como continuar, e coñecer os intereses que ten a mocidade do Barco de Valdeorras en relación ás oportunidades de lecer, abriuse unha enquisa de participación, accesible na seguinte ligazón: https://forms.gle/LEp25cprkiE36rNn9

Un fanzine do proxecto, onde se recolle a experiencia deste programa e distintos relatos sobre como os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e o lecer teñen relación, entrégaselle a cada persoa que vai pola Casa do Río Cigueño.

 Outonía foi quen coordinou o proxecto que fixo que O Merendoiro se convertise no punto de encontro entre xente con inquedanzas que foron quen de crear un espazo onde compartir e desfrutar.

Esta primeira edición do programa foi posible grazas ao financiamento da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) e o Instituto de la Juventud (INJUVE) do Ministerio de dereitos sociais e Axenda 2030.

Araceli Macías explicando as partes da exposición