«Temos dereito a poder producir viño de calidade e incrementar o seu valor, pero necesitamos boas comunicacións”

O candidato do Bloque Nacionalista Galego ás vindeiras eleccións aistiu a inauguración da Feira do Viño de Valdeorras acompañado por compañeiros de comarca e tamén membros da executiva provincial

O número dous na lista do BNG as eleccións europeas reivindicaba na Praza de Viloira a importancia da singularidade do sector vitivinícola na reforma do PAC  e o compromiso coa mellora das comunicación tanto férreas como por estrada.

Estivo acompañado polos deputados no Parlamento de Galicia Noa Presas, Iago Tabarés e Secundino Fernández; o coordinador comarcal do BNG, Roberto Quiroga; ou concelleiros da comarca, Manuel Agra e Avelino Seco; cos que percorreu a Praza de Viloira e catou os viños de Valdeorras.

Sinalaba Lobeira a importancia de que Galicia estea presente en Europa: «Nós o que cremos que é moi importante é que Galiza poda ter una voz propia, firme, forte, libre sen que lle pida permiso a Madrid ou a Bruxelas para defender os intereses nosos».

«Cremos que a experiencia demostra que se non nos defendemos nos, ninguén o vai facer con nós e hai capacidade produtiva, potencialidade neste país, a comezar polo viño de Valdeorras», engadía na conversa mantida con Somos Comarca. «Somos nos, neste caso o BNG como forza política Galega que defenda isto , no parlamento europeo, nas institucións europeas  ou non vai haber maneira», recalcou.

En canto a reforma Política Agraria Común—PAC—, puxo atención no sector vitivinícola: «Nós pretendemos que a singularidade do noso país na produción vitivinícola, por exemplo, quede aí representada», salientou. «Temos moitísimas reivindicacións porque cremos que temos dereito a poder producir viño de calidade, comercializalo e incrementar o valor acrecentado deste sector».

A importancia das comunicación e o arranxo das estradas como a N-120 non faltaron na exposición do candidato nacionalista. «Hai moito por gañar, hai moito posto de traballo aínda a xerar, moita riqueza e ese é o noso compromiso en todo isto ligado a una cuestión que non é estritamente produtiva máis, que si está ligada as comunicación desta comarca».

Non se pode «comercializar e exportar a produción de Valdeorras», sen mellorar as comunicación ferroviarias e por estrada que «podan comunicar tanto pasaxeiros como mercadorías». «A produtividade de aquí con calquera outro sitio de Galicia e da península Ibérica pasa polas comunicacións. E, pois aí estaremos».