Susana Seivane: «Sempre é un pracer ir a O Barco»
Susana Seivane é un dos iconos da música tradicional galega. A artista nada en Cataluña pero criada en Galicia, leva máis de 20 anos actuando ca súa gaita por todo o mundo. O vindeiro martes ofrecerá un espectáculo no Barco dentro do programa cultural das festas do Cristo.
Nel mesturará cancións do seu último disco "Balcón" con temas doutros recopilatorios. «Deses que xira tras xira non se poden sacar do repertorio porque son moi especiais».
Seivane explica que no seu espectáculo fará unha viaxe por tódolos discos que levan editados cunha parte especial dentro do mesmo. Como novidade, dende fai un tempo mestura unha parte máis rockeira e eléctrica nos seus concertos mesturado todo ca música tradicional.
Esto débese a que nos últimos anos decidiron darlle unha volta incluíndo na súa parte instrumental a unha batería e un saxofón. «É un espectáculo moi redondo, con moita participación. Dura 2 horas. A ver se non se cansan nas sillas. Este ano ten que ser así».
Por último, a gaiteira, resalta que a cultura é segura, sen contabilizarse contaxios pola covid no 2020 e moi poucos no 2021. Explica que nun avión a xente pode ir sen distancia de seguridade e nun concerto ao aire libre deben ser moi escrupulosos cos protocolos.
Agora está acostumada a saír ao escenario e ver a xente cas máscaras, pese a todo séguelle causando impresión.
Fotografía: susanaseivane.net