jueves. 26.06.2025

Os sindicatos apoian de xeito unánime a RPT do Concello do Barco

Tras numerosas reunións mantidas nos últimos meses, todos os representantes sindicais votaron a favor da proposta do grupo de goberno. Agora queda a aprobación definitiva
rpt_obarco
Os sindicatos apoian de xeito unánime a RPT do Concello do Barco.

Os sindicatos con representación no Concello do Barco aprobaron de xeito unánime a RPT —Relación de Postos de Traballo— do Concello, nunha xuntanza celebrada nas dependencias municipais entre representantes sindicais e do goberno local. O texto da RPT estudado nesta reunión foi votado a favor por todos os asistentes.

A negociación da RPT foi obxecto de reunións frecuentes nos últimos meses e, tras a aprobación por parte dos sindicatos, o texto deberá seguir o trámite administrativo necesario para a súa aprobación definitiva polo pleno da Corporación.

O alcalde do Barco, Alfredo García, felicitouse por lograr este acordo, «que é froito de moito traballo». Continuou explicando que «resulta especialmente satisfactorio ter conseguido a unanimidade de todos os sindicatos con representación no Concello. Algo que é especialmente gratificante».

Os sindicatos apoian de xeito unánime a RPT do Concello do Barco