martes. 03.06.2025

O Silfest enche de maxia e son a beira do Sil

A primeira xornada do VIII Silfest Valdeorras daba comenzo ás 18:30 horas da tarde do venres 19 de xullo

Os nervios previos á apertura do recinto palpábanse na entrada cos derradeiros detalles para que todo estivese a punto. E así, con todo funcionando a perfección, ás 18.30 horas comenzaban as primeiras actividades programadas na zona do Mini Silfest.

somoscomarca_20240719_obarco_riosil_silfest_minisilfest_catas_mercedes (2)

Unha oferta moi variada a desta edición para os máis cativos, que comenzaba cunha cata infantil "Escata Room", dirixida pola énologa Cecilia Férnandez, onde os nenos aprendían a recoñecer aromas e texturas. O programa continuou coa pintural dun mural co logo do Silfest; teatro coa función de "Teatro Ghazafelhos" e xogos tradicionais.

Ao mesmo tempo, noutra zona do recinto, comenzaba unha das catas desta primeira xornada coa sumiller Mercedes González acompañada da regueifeira Lupe Blanco. Unha proposta na que se maridaron viños da Denominación de Orixe Valdeorras e regueifas nun marco incomparable á beira do Sil.

Seguimos no recinto e agora vamos ao escenario, onde ás 21.00 horas comenzaba o concerto Vibra Mahon con Catuxa Salom, seguido de Cala Vento, la Habitación Roja, Terbutalia e remataba a noite coa actuación de HaWkins Djs. 

somoscomarca_20240719_obarco_riosil_silfest_viernes_concierto (8)

Neste punto non nos esquecemos da gastronomia, peza clave neste festival, onde Oliver Fernández, de Slowfood Valdeorras, presentou unha fooddtruck 100% feito en Galicia que fixo as delicias de todos os asistentes.

somoscomarca_20240719_obarco_riosil_silfest_viernes_concierto (10)

O sábado, 20 de xullo, o recinto abrirá ás 13.00 horas con un Showcooking; ás 15.30 horas se poderá navegar o Sil en Kaiaks e ás 16.00 horas unha cata coa Tenda de Rita. Na parte musical, ás 14.00 horas actuará El Patio de Leni e ás 15.00 horas lle tocará o turno ás Macizas Centrais. Na seguinte ligazon a nosa axenda podedes ver o programa completo

https://www.somoscomarca.es/event/silfest-valdeorras/

O Silfest enche de maxia e son a beira do Sil