Remedios Quirós: «Facíanse altares pero non alfombras»
Así de contundente arrinca a conversa con Remedios Quirós e Ángeles Sanabria, dúas veciñas da rúa Manuel Quiroga do Barco que nos contan como se celebraba o corpus e como era o barrio
Achegámonos ao casco vello do Barco en cuxa zona residen dúas veciñas que nos chamaron para contarnos como se vivía a festividade do Corpus Christi, e como antes se reunía todo o vecindario para facer os altares onde a procesión se detiña e o cura bendecía o lugar.
«Desde a avenida de Manuel Quiroga, baixando pola calle San Roque, a Real e ao chegar á calle Oscura que estaba a igrexa de San Mauro, había altares», segundo contaba Reme había hasta sete altares.
Na rúa onde viven as dúas mulleres botaban espadana. «Ían ao río e botaban espadana, pero non había coches. Eso recordo cando tiña eu sete ou oito anos», comenta Reme.
Elas seguen a facer o seu altar na rúa Manuel Quiroga, no número 68, onde estaba o Bazar o Brasileiro. «Antes eramos moitas pero agora solo quedamos tres, a miña irmán, eu, Reme e a filla de reme, bueno catro», comenta Gelines.
É, coma unha cousa levou á outra, recordando onde se colocaban os altares e os negocios que había nos baixos —case que todos ocupados— foron recorrendo o casco vello e sinalando quen estaba ao cargo da tenda e de que era.
No seguinte vídeo poderedes repasar con elas os veciños que alí vivían, os alcumes que recibían e que negocios rexentaban.
Quedamos para mañá con elas para facerlle a foto ao altar de Corpus que foi o que nos trouxo a un barrio que segundo elas mesmas recoñecen está baleiro e hai pouca xente nova.