A praza maior do Barco, rebosante na procesión do Cristo

somoscomarca_202
Unha misa celebrada no exterior da igrexa de San Mauro e a Virxe do Camiño de Rubiá guiando o percorrido, coas calantornias, cruces e estandartes acompañando ás decenas de devotos polas rúas do municipio

O día grande da festa dos barquenses, a do Cristo Nazareno, tivo o seu punto álxido na saída da procesión guiada pola Virxe do Camiño de Rubiá, seguida polas Cruces e Estandartes dos pobos da Unidade Pastoral do Barco. 

Media hora antes do arranque da procesión, a praza Maior era un ir e vir de case todos os pobos do Barco, que se concentraron para portar os símbolos relixiosos das súas parroquias

O percorrido deste sábado 14 de setembro realizouse pola rúa San Mauro, subiendo pola rúa Real para saír pola avenida Manuel Quiroga. A meta, de volta á igrexa de San Mauro. 

Unha salva de bombas de palenque acompañou á procesión, como tamén fixo a música da Agrupación Musical da Limia, e as calantornias e cabezudos que non poden faltar na gran festa barquense. 

Mañá domingo 15 de setembro continúan estes actos relixiosos cunha misa na igrexa de San Mauro ás 12:30, cos devotos e confrades.