Pechado o parque infantil de Viloira pola caída dunha galla

Pechado o parque infantil de Viloira pola caída dunha galla
O suceso ocorreu o sábado cando non se atopaba ninguén nas instalacións. So houbo danos nun farol

A caída dunha póla dun dos álamos do paseo da Casa Grande de Viloira mantén pechado o parque infantil desde o pasado sábado, 14 de setembro. Trátase dunha galla duns seis metros e por sorte non causou dano xa que non se atopaba ninguén nas instalacións.

A galla duns 6 metros preto do parque

Un obreiro do concello que acababa de retirar o lixo dunha das papeleiras estaba fora da zoa de perigo cando aconteceu o suceso, «librou polos pelos». O que si sufriu danos foi un farol que estaba no camiño da galla cando esta caeu ao chan.

Estado no que quedou o farol

Desde o BNG sinalan que «isto xa se advertira en varias ocasións e finalmente acabou sucedendo». Tamén apuntan cun veciño que estaba no lugar lles indicou que «desde a súa casa vía unha pola apunto de caer coma a que provocou o suceso».

Paseo de álamos onde aconteceu o suceso