O Otero Pedrayo, un dos sete finalistas galegos do Concurso Proxecta Innovación

O CEIP Ramón Otero Pedrayo, de Viloira, quedou entre os sete finalistas galegos do IV Concurso Proxecta Innovación, convocado pola Fundación Amancio Ortega e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre que vai dirixido a docentes preuniversitarios de Galicia, que queiran desenvolver nos seus centros proxectos que supoñan unha renovación da aprendizaxe dos seus alumnos.

O vindeiro venres 12 de maio tres profesores e varios alumnos acudirán á defensa ante o xurado do proxecto presentado polo colexio: "LUPO no Cole. Obradoiro Infantil de Arquitectura e Matemáticas. Learning by doing e aprendizaxe activo a través de bloques de construcción".

O programa LUPO baséase en pezas de construcción buscando a aprendizaxe activa. Pretende desenrolar dun modo cooperativo o pensamento lóxico e creativo a través de retos que albergan distintos niveles de dificultade. Trátase dun xogo que parte da arquitectura e estende a didáctica transversalmente ás matemáticas, o debuxo, a física, o arte, a música e a historia. "Estamos muy contentos. Es un proyecto con el que cada día vemos en nuestros alumnos ilusión y ganas de seguir participando en él", comenta Gemma Delgado, coordinadora do proxecto.

O premio final é económico, coa finalidade de subvencionar a continuidade dos proxectos. "Para nuestro proyecto pedimos colaboración para aumentar el material que tenemos en el cole y también para una impresora 3D, que nos permita que incluso los niños diseñen sus propias piezas y poder físicamente crearlas allí para todos", explica Delgado.

Para a defensa, desplazaranse a Arteixo o arquitecto que leva o programa, David Rodríguez, a coordinadora do mesmo, Gemma Delgado, e a directora do centro, Reme Arias. Ademais, levarán con eles a catro alumnos do cole para que fagan unha demostración coas pezas mentras presentan e explican o proxecto.

O fallo do xurado farase público no mes de xuño.