
Aos xardíns da Casa Grande de Viloira e á praza do Castelo do Castro, únense este ano as igrexas de Éntoma, Vilanova e Xagoaza
Dende fai sete anos, falar de verán cultural no Barco de Valdeorras, é falar do seu protagonista, o Ciclo De Perto. A concellaría de Cultura resérvalle cada edición, e xa van sete, unha mención e presentación especial, «polo seu cariz máis importante e destacado dentro do panorama cultural do concello», en palabras da concelleira, Margarida Pizcueta.
O obxectivo principal, «sacar a cultura dos espazos habituais onde se desenvolve e levala a diferentes puntos do municipio». Unha máxima que este ano fixo colocar o listón máis alto e apostar por rincóns coma a Igrexa de Santa María de Vilanova, a de San Miguel de Xagoaza ou a de San Xoán de Éntoma, onde mañá mércores día 5 de xuño escomeza o programa, ca actuación do Coro de Voces Brancas do Conservatorio e Escola de Música do Barco, ás 20:30 horas. «Aínda que xa actuaron fora do Barco, ésta será a súa primeira actuación fora do entorno do Conservatorio», adianta a concelleira.
As outras dúas actuacións musicais restantes serán as que ofrezan o Ensemble de Saxofóns da Escola de Música e do Conservatorio, o día 7 de xuño en San Miguel de Xaguaza e o Orfeón Valdeorrés o 14 de xuño en Santa María de Vilanova.
Para Pizcueta, «a palabra é o que define a esta iniciativa», e nesta ocasión, poderá de novo ser, ademáis de «cantada, contada e rimada» nas diferentes propostas que se levarán a cabo entre o día 5 de xuño e o 19 de xullo. Na oratoria, «contaremos cun plantel de luxo, con xente de moita calidade», explica. E sobre cada un deles engade unha pequena presentación, a que eles fan de sí mesmos. «Boniface Ofoco, de Camerún, faise chamar relatador de contos; Yolanda Castaño, presentadora na TVG, é unha poetisa moi galardonada; Lois Pérez, di de sí mesmo ser un contrabandista de historias, Momi Ogalla eríxese coma contador de historias».
Aos escenarios anteriormente mencionados, debe engadirse a beira do río Sil, que acollerá á Banda da Loba o 12 de xullo, a Casa Grande de Viloira, que abrirá os seus xardíns (as súas portas se chove) ao actor Avelino González e a praza do Castelo do Castro, que servirá de escenario al cantante brasileño Fred Martins.
Noites de cine
As noites dos xoves de xulio a agosto serán para o cine en O Barco. No seu ánimo de «non perder o fío do cine comercial», a concellaría de Cultura proxectará «películas que marcaron éxitos de taquilla este ano», como Bohemian Rhapsody, Campeones ou Canta, ademáis doutras que non tiveron oportunidade seren proxectadas de novo, coma El Reino, Alpha ou Jurassic World. Nalgunha delas, adianta a concelleira de Cultura, «haberá sorpresas, tendo en conta as reaccións dos espectadores cando a proxectamos no seu momento, e as súas peticións ao saír da proxección». O horario: 22.45 horas.
Bailes de verán
A praza Maior voltará a ser escenario dos tradicionais bailes de verán que se levarán a cabo todos os domingos do 29 de xullo ao 1 de septembre, a partires das 20.00 horas.
Margarida Pizcueta anunciou os orzamentos cos que se levaron a cabo a programación destas actividades, ascendendo a 10.600 euros o VII Ciclo De Perto, 3.000 euros as Noites de Cine e a preto de 1.400 euros os Bailes de verán.