O Concello Vello iluminarase de azul polo bicentenario da Policía Nacional

Concello Vello
O Bicentenario da Policía Nacional foi declarado Acontecemento de Excepcional Interese Público

No Concello de O Barco, a Policía Nacional, que desde o ano pasado conta con oficina de documentación na poboación, solicitou a iluminación do Concello Vello de cor azul. O edificio será iluminado na noite do venres, 12 de xaneiro, e seguirá de cor azul toda a fin de semana. 

A Policía Nacional cumpre 200 anos en 2024, despois de que a súa creación se decidira por medio de unha Real Cédula do 13 de xaneiro de 1824. O Bicentenario da Policía Nacional foi declarado Acontecemento de Excepcional Interese Público e publicado como tal na Lei 22/2021, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado.

Este fito histórico marcou a orixe do que hoxe coñecemos como a Policía de todos os españois, polo que esta data posúe sen dúbida unha gran relevancia para o devir do noso país. É o corpo estatal máis antigo de todas as Forzas e Corpos de Seguridade de España, evolucionou para e adaptarse a cada época.

A fin de celebrar un fito tan importante, a Policía Nacional está a preparar un ambicioso programa de eventos e actividades, tanto institucional como divulgativos, en todo o territorio nacional durante o ano 2024.