jueves. 28.03.2024

Todas as actividades terán lugar na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán e na Praza Andrés de Prada do Barco

O Concello do Barco programou 3 actividades dentro do programa cultural "Ler conta moito", que serán na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán e na Praza Andrés de Prada entre o 3 e o 10 de setembro.

Este xoves comezaran as actividades con "Rockeamos todas con Pakolas", será a partir das 12 da mañá na Praza Andrés de Prada, estando dirixida para nenos e nenas con edades idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos.

O evento é espectáculo familiar no que os protagonistas das cancións e contos son o nenos, nenas, figuras inspiradoras que dan a coñecer dirferentes historias de superación da desigualdade, de loita polo respecto e a liberdade. De xeito divertido, e coma sempre a ritmo moi rockeiro, os cativos aprenderán da importancia de medrar e vivir na igualdade.

O vindeiro luns tamén na Praza Andrés de Prada chegará o turno de David Méndez con "A óptica das ilusións" nun espectáculo destinado para os cativos, nunha actividade donde se experimenta a maxia e a maravilla dos enganos visuais combinando diferentes ilusións que reciben os ollos e chega ao cerebro dando como resultado a admiración e o asombro. Un espectáculo moi visual e participativo para todos os públicos.

Por último o xoves día 10 a partir das 18 horas o grupo teatral "Animar-T" fará o seu espectáculo destinado para nenos e nenas de entre 3 e 9 anos, nunha obra de contacontos teatralizado, con cancións cantadas en directo sobre a xenerosidade, a reciclaxe e o respecto polos animais.

O Concello do Barco prepara 3 actividades dentro do programa "Ler conta moito"