martes. 28.11.2023

No parque instalarase un panel recoñecendo a figura de Julián Trincado

O alcalde do Barco, Alfredo García, e os herdeiros de Julián Trincado firmaron a cesión gratuíta ao Concello dun solar de 176 metros cadrados situado na rúa Manuel Quiroga, nº 82, no que se creará un parque que se destinará a uso público.

No solar había un edificio, propiedade da familia de Julián Trincado, que foi derrubado hai aproximadamente un ano. Tras acesión ao concello, formalizada en escritura pública ante notario, os técnicos municipais realizarán un proxecto para a súa execución no próximo ano. No parque instalarase un panel recoñecendo a figura de Julián Trincado, o seu compromiso co Barco e a súa xenerosidade.

O concello do Barco creará un parque nun solar cedido