domingo. 01.06.2025

O Centro Comercial Aberto do Barco presenta a campaña "con P de Pai"

Nesta nova campaña, polo Día do Pai, dende o CCA regalarán un chaveiro
somoscomarca_240311_obarco_parque (4)
O Centro Comercial Aberto do Barco presenta a campaña "con P de Pai"

Este 2024, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco regala un chaveiro para festexar o Día do Pai, coa campaña con P de Pai.

A campaña terá lugar o martes 19 de marzo en horario de 10:30 a 13:30 horas no stand do CCA que estará ubicado na Praza do Concello. Para facerte co chaveiro, é obrigatorio presentar un tícket de compra dalgún establecemento asociado ao CCA O Barco, con data do mesmo día.

Os tíckets de compra depositaranse nunha urna para participar nun sorteo de dous vales de compra por valor de 50 euros cada un, para investir nos establecementos asociados. 

O Centro Comercial Aberto do Barco presenta a campaña "con P de Pai"