viernes. 29.03.2024

O novo equipo permite detectar lesións ou tumores na pel e, especialmente, os melanomas

O Centro de Saúde de O Barco porá en funcionamento un dermatoscopio. Trala súa pilotaxe inicial no Centro de Saúde Valle Inclán en Ourense o pasado ano, distribuíronse sete equipos mais na provincia ourensá aos que se veñen de sumar outros 10 dermatoscopios mais este ano e que xa están, ou se entregarán estes días, dous deles nos Centros de Saúde de O Barco de Valdeorras e Trives.

De feito, neste momento, 40 médicos de Atención Primaria da provincia de Ourense se forman na realización de dermatoscopias, proba que permite analizar a estrutura cutánea profunda, empregada para o diagnóstico das lesións ou tumores da pel.



O curso, organizado pola Unidade de Formación continuada da Área Sanitaria de Ourense, O Barco de Valdeorras e Verín, xurdiu, segundo apunta o Sergas, "como resposta ao interese do colectivo médico por afondar no uso do dermatoscopio", de gran utilidade para o diagnóstico lesións hiperpigmentadas ou melanomas.

O Sergas ten claro que no primeiro contacto cos pacientes o papel do médico de familia é moi importante no diagnóstico precoz das lesións cutaneas, rol que se fomenta e potencia poñendo a súa disposición a dermatoscopia. Ista técnica diagnóstica, amplamente estendida en Dermatoloxía, é de gran utilidade para o manexo diagnóstico das lesións hiperpigmentadas e, especialmente, para o diagnóstico precoz do melanoma maligno.

O obxectivo da Área Sanitaria de Ourense é, na liña do Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, busca mellorar a capacidade diagnóstica dos profesionais de Atención Primaria, complementando con este novo equipamento o programa de Teledermatoloxía, ademais de aumentar a accesibilidade a unha proba, de demostrada eficacia, no lugar mais próximo ao seu domicilio, evitándolle traslados innecesarios.

O dermatoscopio é toda unha ventaxa para os pacientes, neste caso de O Barco e Trives, que antes de acudir á consulta hospitalaria do especialista terá en Atención Primaria un primer medio de diagnóstico para as lesións cutáneas.

O Centros de Saúde de O Barco e Trives incorporan dermatoscopio