No Barco seguen apoiando a Palestina nunha nova concentración
Varias persoas reuníronse onte enfronte do concello do Barco de Valdeorras para mostrar o seu apoio a Palestina
Desde fai 100 días, din unha e outra vez que «o estado de Israel é un estado xenocida. Dicímolo diante de quen decide ignorar a realidade e berrámolo diante de quen nos goberna e apoia, por acción ou por omisión, o xenocidio do pobo palestino».
Así daba comezo esta nova reunión que se fixo onte fronte o Concello do Barco de Valdeorras. Pero non solo se celebrou en Valdeorras, existiron outras 27 convocatorias máis repartidas por Galicia.
Segundo se explica no manifesto, o seu principal papel é «combater as mentiras fundacionais da ocupación, quebrar a delirante lóxica do sionismo e berrar á cara dunha Xunta de Galiza indiferente, á cara dun goberno español que fala moito pero non fai nada, á cara dunha Unión Europea aliada máis que nunca ao imperialismo, que son tan responsábeis polas mortes e a destrución como o é o sionismo».
«O berro de liberdade da Palestina foi sempre un berro antiimperialista e anticolonial. Hoxe éo aínda mais. Nós, galegas e galegos, co resto de pobos do mundo, colocámonos do lado da Palestina», remataban dicindo nesta nova concentración apoiando ao pobo palestino.